Alumnado colaborador

Xa está en marcha o alumnado colaborador da biblioteca. Están facendo unha gran tarefa que lle agradecemos as profesroas que facemos garda de recreo neste espazo. Démoslles unhas tarxetas identificativas para que todo o alumnado do centro os recoñeza.

 

Nesta imaxe están os colaboradores do luns, Alejandro, David e Patricia, ensinado os marcapáxinas e as tarxetas identificativas como “Bibliotecari@s en prácticas”.

 

 

 

 

Aquí están traballando con moita dilixencia no sistema de préstamos e cubrindo a data de devolución dos libros no marcapáxinas.

Advertisements

Lucía Fontán: gañadora dos relatos en lingua galega para 3º e 4º da ESO

Lucía Fontán Bemposta de 4º B gañou o concurso de relatos de terror en lingua galega para 3º e 4º da ESO.

Lucia

 

SORRISOS PERTURBADORES

Domingo, día 5 de xaneiro. Estou xogando ao Call of duty, mentres tanto, bótolle unha ollada. Segue aí, sen mover sen un músculo, expresión facial ríxida e fría.

Oxalá puidese queimala e enterrar as súas cinzas no máis profundo da terra.

Unha boneca, un sorriso, un arrepío. Unha ameaza. Ultimamente non paro de ter pesadelos coa boneca de porcelana que teño no salón, moitos non me cren, pero sei que está endemoñada e que quere acabar comigo. Meus pais din que todo é produto da miña imaxinación; ata eu non creo nesas cousas, pero cando a un lle pasa algo así, e sabes perfectamente que non ten problemas psicolóxicos, é mellor facer algo.

No primeiro soño que tiven, estaba no salón e as luces non prendías; despois prendíanse e apagábanse soas continuamente. A verdade é que naquel momento pensei  que se trataba dun problema técnico. A boneca apareceu en fronte miña, flotando, cun sorriso de tola que xamais esquecerei. Fuxín de alí cara á entrada da casa. Estaba acoitelando a meu irmán e a miña nai. Nese intre esperto chea de pánico e terror, non consigo despexar o pesadelo da miña cabeza.

Daquela, pensei que se trataba dun simple pesadelo polo que non lle fixen máis caso. Pero un mes despois… volvo ter outro.

Nel a boneca acosábame, quería facerse co control da miña mente. Esta vez apareceu en tres sitios da casa: no corredor, no baño e, outra vez, no salón.

Entrara no salón para ver unha película, e alí estaba ela, flotando, cos ollos moi abertos e cun aceno bastante esaxerado. Comezou a rosmar algo, sen despexar a súa mirada de min. Non comprendía o que dicía, eu estaba case morrendo de pánico; a miña mente ordenaba que saíse coma un raio de alí, pero o meu corpo non respondía, como se estivese conxelado ou encadeado. O medo chegou a paralizar os meus sentidos por completo. Achegouse a min e botoume outro sorriso desaliñado, xirando a cabeza amodo cara ao seu ombreiro.

O terceiro foi o peor. Estaba na miña habitación vendo un vídeo en Youtube, e, de súpeto, colgouse e empezou a facer un son estraño, como unha avespa coando por un túnel. A súa cara apareceu na pantalla, sorrindo diabolicamente e cos ollos moi abertos. Desapareceu ao momento, e o vídeo volveu a reproducirse. Eu estaba realmente aterrada.

Desde aquela experiencia, non regresei ao salón. Non volvín a ser a mesma, vivía co medo cada vez que me atopaba soa nun cuarto ou pasaba preto do salón. A penas durmía; desexaba marchar dunha vez ao instituto e non volver xamais. Cando regresaba lembrábao todo, desexaba cortarme as veas porque non podía vivir máis con esa tensión.

Máis tarde os pesadelos sucederon de verdade.

Estaba na cociña facendo os deberes. Era de noite. A calor da estufa relaxábame de pensamento descontrolados. As luces apagáronse. Fiquei sentada, coas pulsacións acelerándose. Tiña unha terrible sensación do que ía acontecer. Aparece de pé sobre a mesa co mesmo sorriso, e sostendo unha vela na man. Tiña que estar soñando ou drogada. Pero era a maldita realidade.

Sinaloume co dedo sen deixar de ter ese maléfico sorriso e rosmou algo, esta vez máis alto: “Tic, tac, tic, tac”. Seguía sen entender o que me quería dicir con iso. Presa do pánico intentei coller a vela pero foi un gran erro. Agarroume a man cunha forza sobrenatural, apertándoma ata que quedou desfigurada. Gritei de dor por dentro, non era capaz de dicir nin unha soa palabra. O seu rostro cambiou e ser sereno e sen vida, e antes de soltarme a man, mudou a cor do rostro a unha máis pálida e oca. Pouco a pouco, ía dirixindo a súa mirada cara á miña; cando me decato, a súa cara mudara e no seu lugar apareceu a miña, coa face dun ton da cor da cinza e medio descomposta. A miña reacción non fai máis ca un terror aínda máis elevado.

Ao abrir os ollos atopábame na habitación dun hospital. Lembraba o que pasara anteriormente, aínda que non sabía como e cando chegara alí. Ao meu carón estaba a miña nai e un enfermeiro, e sexa onde estivese, estaba ela. Observándome. Agardando nalgún lugar.

Nunca estiven soa, nin nunca fun unha soa.

Almudena González: gañadora dos relatos en lingua galega (1º e 2º ESO)

Almudeb¡na González Camiña gañou o cocnruso na modalidade de lingua galega para 1º e 2º da ESO co relato “A escuridade”

20181031_104325

A escuridade

  • E de que vai o conto de Breixo? -Pregunteille ó mestre. El sorriu.
  • Breixo foi un rapaz desta vila hai polo menos dez anos, eu mesmo lle dei clase.
  • Pero entón, onde está? -Preguntou Mario.

O mestre fixo coma se non escoitase a pregunta e comezou a relatar

  • Vouvos contar a historia da escuridade:

Era case de noite e Breixo chegaba á casa onde vivía cos seus pais e avós, despois de pasar a tarde xogando cos seus amigos.

Ían cear arroz, a súa cea preferida, e viron as noticias da noite mentres ceaban. Anunciaban que nunha cidade preto da súa vila estaban a ocorrer sucesos estraños, desde portas que se abrían soas, ata persoas que desaparecían e ao cabo duns volvían a aparecer. Os pais de Breixo, preocupados, prohibíronlle saír á rúa el só, e o rapaz enfadouse tanto que entón marchou para a súa habitación.

Ao día seguinte, ao vir á clase, contoume o sucedido. A min parecíame que seus pais tiñan razón, e díxenlle que lles fixese caso, pero Breixo enfadouse inda máis comigo, e ao rematar a clase el foi o primeiro en marchar. De camiño á casa o neno pensou nun plan para, despois de comer, fuxir para ir xogar cos seus amigos. Breixo apurou a comer o peixe con patacas que fixera o seu avó, para subir á súa habitación e amarrar as sabas e liscar pola fiestra. Ao chegar abaixo, foi correndo ata a casa de todos os seus amigos. Pero os seus pais tamén lles prohibiran a eles saír á rúa sen ningún adulto, polo temor de que algo pasase.

Ao final, Breixo seguía el só dando voltas pola rúa. Estábase facendo de noite e pensou en ir ao parque, pero, de pronto viu unha sombra meténdose nun oco escuro e sen saída. Ao neno entroulle medo e foi para a casa onde vivía. Durante o camiño Breixo non paraba de ver aquelas estrañas sombras con aparencia de monstro; rapidamente, subiu polas sabas e meteuse na cama.

Dez minutos máis tarde veu súa avoa para chamalo a cear, posto que, supostamente pasara todo o día sen saír da habitación. El respondeu que non tiña fame e non baixou.

A lúa erguíase pouco a pouco e o sol xa non estaba no ceo, pero Breixo non podía durmir. Nese momento comezou a ver as sombras pola habitación e escoitou ruído debaixo da súa cama, el achegouse para mirar o que pasaba.

Ao día seguinte Breixo non foi o colexio, nin sequera a seguinte semana. Pasaba o tempo e eu non sabía nada del, así que fun ata a súa casa, pero non había ninguén. Caín na conta do letreiro que poñía “VÉNDESE”, e pensei que polo menos non lles pasara nada malo. Entón un home miroume e díxome:

  • Vostede inda non sabe nada do caso do Breixo, verdade?
  • Non, de que me fala?
  • O neno apareceu morto ao pé da cama, por culpa dos casos da outra cidade. -Quedei xeado-. Polo menos foi a única vítima, non cre?

Entón o home comezoume a relatar esta historia que agora vos digo eu a vós e eu engadinlle o que a min me dixo.

  • Paréceme incrible –comentei.

Nese momento tocou a música que indicaba a hora volver á casa; ao chegar e cear cos meus pais, acendín a televisión.

Sucesos estraños” dicía, esa palabra retumboume nas orellas, a historia continuaba.

Héctor Torres: o outro gañador do relato en castelán.

Héctor Torres Lores de 1º A gañou o concurso de relatos de terror de 1º e 2º da ESO con este conto titulado “La última noche”

Hace muchos años en una ciudad desconocida de Galicia, hubo un hombre al cual ni su familia ni sus vecinos ayudaron cuando tuvo problemas , después de dar muchos tumbos por la vida acabó muriendo acuchillado a manos de un terrorista. Su familia sabía que esa muerte se podría haber evitado, pero les daba igual.

A ese hombre no le gustó cómo lo trataron en este mundo; así, en la semana de Halloween, su espíritu regresa al mundo de los mortales y ronda por toda Galicia acuchillando a todo ser vivo que se encuentra.

Es un espíritu despiadado que ataca día y noche durante toda esta semana, en lugares con mucha gente como institutos, supermercados, fiestas… Y aparece con distintas máscaras, pinturas en la cara o directamente sin nada; también con distintas ropas harapientas.

Lo primero que se puede oír y que te permite saber si está cerca es su respiración ansiosa, además de unos pasos en lugares en donde no hay nadie; en ocasiones se puede escuchar como afila su cuchillo.

Y cuando menos te lo esperes, ¡se abalanza sobre ti!

Si es que oís alguna de las cosas anteriores os diría que corrieseis, porque sino…

(Un amigo sale disfrazado de detrás del escenario y termina la historia dando un susto a los allí presentes).

 

 

 

 

Relatos de terror

Un ano máis convocamos o noso concurso de terror con moito éxito. Deixámosvos os relatos gañadores tanto en castelán coma en galego.

María Santamaría de 4º A gañou o concurso de relatos dos maiores (3º e 4º) en lingua castelá co conto titulado “Sola en casa”:

Maria_lendo

Siendo yo adolescente viví con mis abuelos durante varios años en una pequeña aldea. Recuerdo perfectamente lo que voy a contaros y por esta razón os advierto de los peligros de quedaros solos en casa.

Ese día mis abuelos habían salido al mercado junto con Gemma, mi hermana. Ellos siempre estaban haciendo algo, como ir de compras o al cine. A sus setenta años hacían más actividades que yo con diecisiete. No me gustaba salir mucho. Ante la comodidad de tu sofá, ¿para qué moverte? Sobre todo en verano. Aunque esto no es el caso que vengo a narraros.

Como decía, mis abuelos habían salido junto con mi hermana y yo me disponía a ver la televisión. Eran las siete de la tarde, echaban Factor X y no me lo pensaba perder. Llevaba quince minutos de programa cuando Phoebe, mi mejor amiga, llamó por teléfono diciéndome que tenía que cancelar los planes que teníamos para aquella noche. Me sentí apenada porque hacía dos semanas que no la veía, pero me reconfortaba que en menos de un mes iríamos juntas al concierto de Louis Tomlinson.

Al acabar el programa, apagué la televisión y me subí a mi habitación, disponiéndome a ordenarla porque estaba hecha un desastre. Me entretuve guardando apuntes y lápices, cuando de pronto mi cuerpo se puso en tensión, ¡me quedé paralizada! Mi instinto me decía que no estaba sola, que allí había alguien más. no podía respirar y mi corazón se aceleró.

En ese momento sentí una mano, fría como la nieve, tocándome levemente por la parte baja de mi cuello.

-Jessy -escuché. La voz era suave y dulce.- ¿Quieres jugar?

-¿Qué eres? -pregunté.

-Eso no importa para este juego. -respondió.

-¿Y si no quiero?

-¡VAS A JUGAR CONMIGO!! -gritó, con una voz tan intensa que comenzaron a dolerme los tímpanos.

Entonces… cuando por fin tuve algo de control sobre mi cuerpo, me giré y lo vi. Su cara estaba roja, tenía el pelo largo y moreno, sus ojos eran rojos y tendría sobre doce años.

-Si no juegas te mataré; -añadió- aunque si te comportas puede que sigas viviendo.

En ese momento corrí escaleras abajo en dirección a la cocina. Allí cogí un cuchillo. Supuso que me habría seguido, pero al girarme no había nadie.

Mi visitante, como yo lo llamo, aparece cada semana. Siempre viene a narrarme cuentos, pero, a veces, me relata cosas sobre como era su vida. Creí que era malo, sin embargo sólo quiere cuidarme.

Hoy ha venido a visitarme después de que la enfermera viniera a darme las pastillas. Nadie me cree, por eso me ingresaron en el psiquiátrico. Llevo ya veintiocho años.

Concurso de decoración do andel expositor

Este ano convocamos un novo concurso por titorías. Trátase de poñer guapo o noso andel expositor con libros, revistas e todas aquelas cousas que creades oportuno. A temática será a comida, o procxecto interdisciplinar deste curso.

O curso pasado decorouno o Equipo de Biblioteca. Deixámosvos unhas imaxes para que lembredes e vos fagades unha idea, pero, por suposto, podedes crear, imaxinar, decorar, darlle voltas ao asunto,…. todo o que queirades.

 

Aquí vos deixamos as bases do concurso:

  1. O concurso está destinado ás distintas titorías.
  2. O tema a ter en conta para a decoración é a COMIDA. Podedes centrarvos no mes que vos toca e elixir algo acorde con el (froitas da temporada, doces de Nadal, o magosto, doces de Semana Santa…).
  3. Na decoración do andel é imprescindible que haxa libros relacionados coa temática elixida, tamén podedes poñer películas, documentais,… pero ademais podedes traer outro material que quede decorativo: flores, figuras, debuxos,…
  4. Todo o material que traiades das vosas casas, debedes ter vós conta del, lembrar que cousa é de cadaquén.
  5. Podedes coller material da biblioteca (libros, enciclopedias, revistas, películas, documentais,…) pero debedes escribir nun folio todo o que collestes para saber onde está no caso de que alguén queira facer uso del.
  6. Dedicarase a 1ª sesión de titoría do mes á decoración; así que debedes ter traballado antes (en 1 ou 2 sesións de titoría previas) cal é a vosa temática, que materiais ides usar e, se precisades algo da biblioteca, pasar por ela para recollelo.
  7. A titoría gañadora terá un premio a final de curso.
  8. A orde para a decoración é a seguinte:
    • Novembro: 4º B
    • Decembro: 4º A
    • Xaneiro: 3º B
    • Febreiro: 3º A
    • Marzo: 2º B
    • Abril: 2º A
    • Maio: 1º B
    • Xuño: 1º A

Concurso de relatos de terror

DSCN9717

Convocamos un ano máis o Concurso de Relatos de Terror.

Aninádevos a participar e a meternos o medo no corpo! Vémonos na biblioteca!

As bases do concurso son as seguintes:

  1. Pódense presentar relatos tanto en galego, castelán, francés e inglés.
  2. Os relatos non superarán os tres folios.
  3. Os contos introduciranse nun sobre grande no que se porá por fóra o pseudónimo da autora ou do autor e o título do relato. Dentro deste sobre, ademais do conto, terá que ir tamén un sobre pequeno que conterá o nome real da alumna ou do alumno, o curso e o título do relato.
  4. Presentaranse en conserxería ata o venres 26 de outubro como data límite.
  5. Hai catro categorías, unha para cada un dos idiomas utilizados.
  6. Os gañadores daranse a coñecer por megafonía o martes 30 de outubro durante o segundo recreo.
  7. Os gañadores terán como premio o libro que elixan. Os relatos gañadores publicaranse na revista escolar e serán lidos polos autores durante o día do terror na biblioteca.