Ricardo Carvalho Calero: Letras 2020

Este ano 2020 o Día das Letras está dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Na seguinte pizarra temos enlaces á súa vida, obra, audios de radio, programas de televisión e xogos sobre o autor.

O alumnado de 3º de ESO, aproveitando unha proposta de Patricia Sánchez; xoga co poema “Somos” de Carvalho Calero baseado nas contradicións humanas.

Velaquí o resultado:

Somos os galegos aos que nos prohiben falar o noso idioma

Somos os beizos que non deron un bico apaixonado

Somos os cociñeiros  que non sabemos fritir un ovo

Somos os ignorantes  que cren sabelo todo

Somos o país con máis saúde no que hai máis contaxiados

Somos as follas da árbore que non fan a fotosíntese

Somos a mente escura que diremos as maiores claridades

Somos persoas libres que vivimos engaioladas

Somos as lúas que iluminamos polo día

Somos o ser humano que nunca volverá a ser o mesmo ser humano

Somos os ecoloxistas que desprezamos a terra

Somos os urbanitas que idealizamos a aldea

Somos os libros que non teñen letras

Somos as surfeiras ás que non nos gusta a praia

Somos quen di que nos gusta ler e non lemos

Somos un intre chamado eternidade

Somos a calma que crea a tempestade

Somos os guerreiros da vida sen pelexar

Somos as persoas libres que non saímos da casa

Somos paxaros que non sabemos voar

Mas somos realidades, e por isso

somos assí, contrários do que somos.

Reticências, Ricardo Carbalho Calero

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s