Protocolos de biblioteca

  1. O aforo da biblioteca está limitado a 15 usuarios, sen contar co profesor de garda e o alumn@ colaborador@.

2. Para acceder é necesario desinfectar as mans e levar máscara facial.

3. A entrada á biblioteca farase pola porta interior e pola zona indicada, pola dereita, cunha frecha no chan. A porta exterior só serve para ventilar, non para acceder ou saír da biblioteca.

4. As dúas portas da biblioteca (interior e exterior) estarán abertas 15 minutos antes de entrar o alumnado. E, se é posible, manteranse abertas durante toda a mañá.

5. Farase entrega dunha cartolina de cor vermella ao alumnado que acceda ás mesas de traballo ou espazo de lectura para que, cando rematen, a deixen nese posto e o persoal de limpeza saiba que debe ser desinfectado.

6. O alumnado pode:

  • recoller un libro, para o cal se dirixirá á mesa de préstamo, gardando unha distancia de 1’5 m entre eles
  • ir a unha mesa de traballo. Estarán marcadas cun adhesivo de cor verde os postos que poden ser ocupados. Cando abandonen ese posto deixarán a cartolina vermella para indicar que ese posto debe ser desinfectado;
  • dirixirse á zona de lectura individual (hai dous sofás individuais separados entre eles). Cando abandonen ese posto deixarán a cartolina vermella para indicar que ese posto debe ser desinfectado;
  • usar un ordenador. Cando abandonen ese posto deixarán a cartolina vermella para indicar que ese posto debe ser desinfectado.

7. Non se poderá consultar os libros dos andeis nin deambular polo espazo da biblioteca.

8. A saída será pola zona indicada con frechas no chan e farase mantendo unha distancia de 1’5 entre eles.

PRÉSTAMO E DEVOLUCIÓN DE LIBROS

  1. O alumnado pode consultar os fondos da biblioteca no seguinte enlace que se atopa no blog da biblioteca: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/BuscaAvanzada.aspx?CodigoBiblioteca=PED043
  2. O alumnado solicitará o libro desexado a través da conta de correo de biblioteca (biblioteca@iesmeanho.com). Tamén o pode facer de forma presencial pero respectando as normas anteriores; neste caso o profesor recollerá o libro dos andeis, previa desinfección das mans, e entregarallo ao usuario.
  3. A entrega dos libros farase a través dunha caixa disposta para tal fin no exterior da biblioteca, ao lado da porta. Ao día seguinte recolleranse eses fondos polo que xa cumpriron a corentena esixida.
  4. O marcapáxinas de control da “Hora de ler” entregarase de forma virtual nunha carpeta compartida de Drive con todo o alumnado, separada por cursos e grupos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s