Samaín

Paula e Silvia recollendo o seu premio de mans do director e da coordinadora de biblioteca.

Por fin entregamos os premios do concurso de relatos de terror ás gañadoras, qu,e lembramos, foron as imás Paula e Silvia Martínez Rodiño. Noraboa as dúas!

Este ano o concurso de relatos de terror foi diferente a todos. Os contos entregñaronse por correo electrónico e a lectura compartida fíxose na aula, sen decoración terrorífica da biblioteca, como acostumabamos.

Na imaxe de arriba temos un momento da lectura compartida. As voluntarias e os voluntarios leron unha selección dos mellores relatos, e entre eles, como non, os gañadores. Deixamos a continuación o das gañadoras:Paula e Silvia Marínez Rodiño de 1º da ESO

Relato gañador : ALGUÉN MÁIS… de Paula Martínez Rodiño:

Non moi lonxe de aquí, vivía Luísa, unha rapaza á que lle encantaba todo o relacionado coa morte. Algunhas noites poñía unhas candeas ao redor da mesa da cociña, dicía unhas palabras para invocar os espíritos e esperaba, … pero nunca se presentaba ninguén.

Con todo, aquela era unha noite escura, de treboada; seus pais marcharan fóra; estaba soa, era a noite ideal para probar de novo, pensou Luísa; así que preparou todo e pronunciou as palabras.

De repente a chama dunha candea empezou a chispear e a cambiar de cor, azul, verde,…, cores sempre moi brillantes. Ao instante todas as candeas se apagaron e todo quedou ás escuras. Daquela soou un tremendo estoupido. Luísa,  atemorizada, foi para a cama e agachouse entre as sabas.

Minutos despois escoitaba bater as portas.

Á mañá seguinte, Luísa dérase conta de que se desmaiara pola noite co medo. Cría que todo rematara, que fora un terrible pesadelo.

Levantouse, escoitou o reloxo, TIC, TAC, TIC, TAC…, e ao mesmo ritmo uns pasos que se acercaban. 

Luísa deuse conta de que nada rematara, ao contrario, todo estaba empezando. Había alguén máis …

Relato gañador “Estatuas de pedra” por Silvia Martínez Rodiño

          Non hai moito tempo, nunha pequena vila entre as montañas, había un  cemiterio moi grande, enorme. Ninguén ía xa a aquel lugar; quedara abandonado e esquecido pola xente, ata que, pasados os anos, unha rapaza, chamada Alicia, que vivía naquel lugar decatouse de que, dende xa había tempo, algunha xente desaparecera.

Moi valente quixo entrar a explorar o tenebroso e vello cemiterio. A cancela estaba oxidada, e o ruído que fixo ao abrila asustou a rapaza. Continuou camiñando polo cemiterio, coa sensación de que alguén a estaba seguindo. Acelerou o paso ata chegar a un escampado; quedou alucinando, nunca vira nada igual. Había unha chea de estatuas de pedra, de xente. A Alicia soábanlle todas as caras, pero… de que?

          Despois de quedar un bo intre mirando cara ás estatuas, lembrouse da xente desaparecida da súa vila, e  puido comprobar que coincidían. A rapaza asustouse e botou a correr cara a adiante.

          Sen darse conta, rozou cunha estatua. Notou que cada vez lle custaba máis moverse. Estaba a tan só uns metros da saída cando unha sombra a agarrou, evitando que puidese escapar e facendo que Alicia se convertese nunha estatua. Alicia quedou no cemiterio, agardando a que alguén a toque, e con sorte non quede coma ela, quieta, petrificada, morta… Quen será o seguinte???

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s