Como cada ano, o 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía. Este curso o alumnado de 1º da ESO traballou a súa figura nas materias de Plástica e Lingua Galega, xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, no Proxecto “Desconfinando a Rosalía”. Debuxaron versos de diferentes poemas, practicando a caligrafía e interpretanco coa súa voz cada verso. Expuxeron as súas creacións:


Aproveitaron tamén para escoitar música galega, como a Roi Casal, Guadi Galego ou Evoéh. Con esta de fondo crearon uns vídeos coas súas producións, que xa foron colgados no twitter do centro. Aquí vos deixamos o enlace aos vídeos:
https://twitter.com/MakerSchools/status/1363810038725320710?ref_src=twsrc%5Etfw%7Ctwcamp%5Eembeddedtimeline%7Ctwterm%5Eprofile%3AMakerSchools&ref_url=http%3A%2F%2Fwww.edu.xunta.gal%2Fcentros%2Fiesmeanho%2F