Día da poesía

Haiku gañador

Este ano convocamos un concurso de haikus para conmemorar o Día da Poesía. A idea debémoslla ao poeta Xavier Seoane, con quen contactamos a través dun proxecto de Lingua Galega e nos ofreceu un pequeno obradoiro de haikus para traballar na aula. Que mellor mestre poderiamos ter!!!! Moitas grazas, Xavier.

A gañadora foi Lara Castro, alumna de 2º da ESO, cun haiku moi inspirador acompañado dunha ilustración propia.

Lara recibindo o seu premio.

O premio consistía na utiñlización do poema e o debuxo para ilustrar a bolsa de tea que regalariamos o Día do Libro a calquera que pasase pola biblioteca a coller un libro. Lara foi a primeira en recibir a bolsa na que ademais incluímos unha axenda, un caderno e un libro de haikus.

Estes son algúns dos haikus presentados:

Deixar un comentario