Xincana de Educación Física

O alumnado de 1º da ESO participou nunha xincana na materia de Educación Física; controlaban a actividade os rapaces a as rapazas de 4º da ESO. Foi un boa forma de desconectar: pasárono moi ben, xogaron, correron,… e sempre con todas as medidas covid.

O Equipo de Biblioteca colaborou na redación do conto, relacionado co PDI “Viaxe ao centro da Terra”; así tiveron que “adentrarse” na Terra, cruzar mares subterráneos, descubrir novas especies humanas e fuxir da calor!!!!. No relato ían todas as pistas a seguir; estas encaixounas con precisión milimétrica o departamento de Educación Física. O libro que resume toda a actividade queda a continuación:

Deixar un comentario